Edicións
INICIO | EDICIÓNS | 2019VIII EDICIÓN / 29 Novembro 2019
Premiados Edición 2019
DEPORTES
Iván Docampo González
ATLETA
Iván Docampo, recoñecido atleta nacido en Ribadavia. É un deportista que ten destacado nas especialidades de biatlón, carreiras de maratón e medio fondo. Forma parte do Equipo da Guardia Civil, participando como tal nos Campeonatos Mundiales Militares no ano 2015 celebrados en Corea.
A destacar os numerosos premios conseguidos en probas disputadas, tanto a nivel de España como de Galicia, sendo un referente desas persoas que, coa súa constancia e dedicación, chega ás metas que se propoñen.
CULTURA E INVESTIGACIÓN
Miguel Ángel García Pérez
PROFESOR
Miguel Ángel García, profesor de Física e Química xa xubilado. Leva destacado no seu labor de meteorólogo que leva realizando dende hai 35 anos coa recollida de datos na estación meteorolóxica do Carballiño, situada no Instituto Chamoso Lamas, onde exerceu a meirande parte da súa docencia.
No ano 2018, recibiu o Premio Nacional de Meteoroloxía. Con anterioridade xa recibira o Premio Galego de Meteoroloxía. A súa dedicación diaria a esta actividade e os seus traballos de investigación sobre o clima nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro, constitúen un modelo na investigación local e son un referente a nivel nacional.
TÍTULO PÓSTUMO
Elixio Villaverde
HISTORIADOR
Elixio Villaverde, doutor en Historia, catedrático desta especialidade, investigador iniciado nos estudos da comarca do Carballiño, para despois encamiñalos ó mundo da emigración, especialmente da emigración a México sobre a que fixo a súa tese de doutoramento. Tamén abordou outras vertentes históricas, como a de personaxes que tiveron que ver coas represalias e exiliados da Guerra Civil.
Autor de numerosos artigos en revistas especializadas e autor de varios libros que lle valeron a concesión de prestixiosos premios como o Sotelo Blanco ou o Vicente Risco. Xa falecido, foi nomeado Fillo Predilecto do Irixo, lugar do que sempre estivo engaiolado.