Os autores do Galardón

premiado galardón arenteira

Acisclo Novo

OURENSE, 1970

Licenciado en Belas Artes pola Universidad de Barcelona. Profesor no Instituto Superior de Tecnoloxía e Deseño Textil de Allariz, Ourense. Escultor e fotógrafo.

Dende o ano 1998, vén participando en numerosas exposicións de tipo individual e colectivas realizadas en España e Portugal.

premiado galardón arenteira

Xesús Carballido

O CARBALLIÑO, 1954

Artista autodidacta, traballa dende a súa mocedade en distintos campos, entre eles o da música, o teatro e a plástica.

Dende o ano 1992, expón a súa primeira mostra individual na Casa da Cultura de Noia, pasando a realizar outras exposicións por distintas cidades de Galicia, en Madrid e Cuba, ó tempo que participa en diferentes certames, sendo de subliñar a mostra que organiza a Galería Metta de Madrid, onde expone varias das súas pezas con artistas da talla de Miquel Navarro, Saura, Chillida o Tápies.

A súa obra forma tamén parte de importantes coleccións como a do Museo de Unión Fenosa de Arte Contemporáneo, a da Fundación Eugenio Granell, Fundación Rodríguez Iglesias, Deputación da Coruña, etcétera. O seu estilo identifícase coa tendencia plástica da recopilación, a do artista como etnógrafo cunha opción escultórica de pouca tradición en Galicia, pero cunha forte presenza de tendencias promovidas por determinadas escolas francesas e americanas. É un autor que aproveita obxectos que a sociedade xa non emprega, que están en desuso pero que convirte en arte, nunha segunda oportunidade e que revitaliza nas súas collages.

Xesús Carballido: el arte como principio.